Entradas

CONCERTO BANDA GRILEIRA

Imagen
A Banda Grileira é unha formación composta por máis de 50 músicos e cun repertorio que mestura a música tradicional coa música sinfónica. Este concerto será unha homenaxe ás bandas de música, charangas e murgas que ao longo do S. XX puxeron en valor a música tradicional a través dos seus repertorios. O sábado 4 de maio ás 20.30h no Centro Sociocultural Mingos de Pita.

OBRADOIRO: CONSTRUCIÓN DE PANDEIRETA

Imagen
 

VII FESTIVAL INFANTIL

Imagen
Na Escola de Música e Baile tradicional Herba Grileira imos celebrar a 7ª edición do  Festival   Infantil  o  sábado 16 de marzo , no Centro Sociocultural Mingos de Pita . Participará o alumnado de Herba Grileira con idades comprendidas entre os 5 e os 15 a nos. En total máis de cincuenta cativos e cativas que serán as auténticas protagonistas dunha x ornada cultural que dará comezo ás 18:00 horas e na que ao longo de hora e media se  poderán ver diferentes actuacións de baile, gaita, acordeón, pandeireta, canto e percusión. Acompañaranos a A.C Brisas do Quenllo de Tordoia.  

CONCERTO

Imagen
Un dos nosos grupiños de pandereteiras, acompañará a Comando Curuxás no concerto na Sala A Fundacion en Melide o venres 19 de xaneiro. Agardámosvos!! 🤗  

CANTAMOS OS REIS

Imagen
 

II FOLIADA DA MARISTELA

Imagen
O sábado 11 de novembro achegarémonos ata Sobrado dos Monxes para  participar na II Foliada da Maristela. A partir das 21h no Mercado municipal.

CURSO 2023/24

Imagen